Publicacións

PROXECTO PATIO

Grupo de familias para realizar traballos no patio da escola para convertirlo nun espazo máis habitable, con diferentes recunchos, que dean lugar a diferentes tipos De dinámicas, podendo ampliar o seu uso máis aló da hora do recreo, durante as horas lectivas, aproveitando as súas posibilidades como ambiente educativo Privilexiado.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

▪ Saída dentro do programa "Da escola á granxa": visitaremos a granxa Teixeiro e Pistón,en Becerreá. ▪ Obra de monicreques polo día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro. ▪ Obradoiro de RCP básica para 5o e 6o de primaria.

PARA SER FAMILIA ASOCIADA

Para ser familia asociada, e así colaborar e participar na programación, xestión e nas actividades da asociación, só é preciso pagar a cota de socia nos tres primeiros meses de curso escolar e cubrir a ficha de inscrición. Este ano plantéxase subir a cota a 20€/ano , pois apenas chega para cubrir o seguro RC, ademáis moitas veces é necesario pagar taxas para as tramitacioness varias, como por exemplo para os expedentes de solicitude de subvenciones, grazas ás cales podemos realizar a maioría das actividades (excursións, visitas, obradoiros, teatro...). A importancia de facerse socias da ANPA radica en que en moitas axudas e Subvencioness puntúa que haxa unha porcentaxe alta de socias con respecto ás familias totales dos centros, por iso vos animamos a botar unha man para que as crianzas do noso Centro teñan igualdade de oportunidades con respecto a outros centros.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 24/25

XOGO TEATRAL -Luns. (Hora e media) 240€/mes a dividir entre as crianzas que participen (mínimo grupo de 5) BAILE TRADICIONAL E XOGOS BAILADOS -Martes. (Unha hora) 100€/mes a dividir entre as crianzas (mínimo grupo de 6) Actividade subvencionada en parte pola deputación de Lugo. PATINAXE LÓSTREGOS (iniciación ao hockei sobre patíns) -Mércores. (Unha hora) 12€/mes por crianza + 12€ iniciais de seguro deportivo (mínimo grupo de 8) GRUPO DE XOGO NA NATUREZA NENEA -Xoves. (Hora e media) 35€/mes por crianza (mínimo grupo de 5) PISCINA -Venres. (45 minutos) 11€/mes (9€ socias) + transporte (pendente de saber se o pon o concello ou non)... Somos conscientes da dificultade de organizar actividades extraescolares, sendo tan poucas familias, polo custo que supoñen, por iso, tentaremos solicitar no concello unha axuda para poder realizar as actividades, pois sabemos que moitas familias necesitan conciliar polas tardes. Mentres tanto, este é o panorama. De conseguir colaboración do concello, s