ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 24/25

XOGO TEATRAL -Luns. (Hora e media)

240€/mes a dividir entre as crianzas que participen (mínimo grupo de 5)


BAILE TRADICIONAL E XOGOS BAILADOS -Martes. (Unha hora)

100€/mes a dividir entre as crianzas (mínimo grupo de 6)

Actividade subvencionada en parte pola deputación de Lugo.


PATINAXE LÓSTREGOS (iniciación ao hockei sobre patíns) -Mércores. (Unha hora)

12€/mes por crianza + 12€ iniciais de seguro deportivo (mínimo grupo de 8)


GRUPO DE XOGO NA NATUREZA NENEA -Xoves. (Hora e media)

35€/mes por crianza (mínimo grupo de 5)


PISCINA -Venres. (45 minutos)

11€/mes (9€ socias) + transporte (pendente de saber se o pon o concello ou non)...


Somos conscientes da dificultade de organizar actividades extraescolares, sendo tan poucas

familias, polo custo que supoñen, por iso, tentaremos solicitar no concello unha axuda para poder

realizar as actividades, pois sabemos que moitas familias necesitan conciliar polas tardes. Mentres

tanto, este é o panorama. De conseguir colaboración do concello, sería reembolsada a parte

proporcional do importe adiantado polas familias. A continuación tedes para cubrir unha

preinscrición e entregala no colexio a través das crianzas, e se finalmente se logra facer algún

Grupo XA nos poñeremos en contacto con vós para ultimar os detalles.

Grazas pola comprensión.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

PROXECTO PATIO